O Centro de Día de Allariz abriu as súas portas no ano 2012 con 30 prazas autorizadas. Os profesionais que desenvolven as súas funcións neste centro son persoal xerocultor, persoal técnico e persoal responsable de dirección.

O centro está situado nunha das vilas máis fermosas de Galicia. A esta vila atravésaa o río Arnoia, e precisamente arredor deste río, é onde se concentran diferentes espazos verdes que conforman o gran atractivo da vila.

A beira do río Arnoia celébrase, de forma anual, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, un festival con gran aceptación entre as persoas usuarias e o que acudimos todos os anos, se o tempo acompaña. O casco histórico da vila foi declarado conxunto histórico-artístico no 1971. Na parte alta da vila, ademais do convento de Santa Clara, destaca o Campo da Barreira, lugar moi concorrido cando se celebra o mercado os días 1 e 15 de cada mes (exceptuando si coincide en día festivo que se celebra ao día seguinte).

Sempre que o tempo acompaña, realízanse saídas ao mercado e paseos coas persoas usuarias por este lugar da vila, o campo da Barreira. É unha actividade de integración na comunidade que gusta moito entre as persoas usuarias. Outras das actividades que non fallan cando se aproximan as festas patronais da vila é acudir a misa o día de San Bieito coas persoas usuarias.

Nas festas patronais da vila destaca a presenza a presenza de cabezudos e xigantes. Estas son algunhas das actividades que realizamos anualmente e son de tradición para as persoas usuarias. Ademais disto, destacan as celebracións da “Feira de Outono” e da “Feira do Doce”. En relación a estas, no centro realizamos talleres de cociña nos que se elaboran diferentes degustacións, por un lado, con produtos da tempada de outono (castañas, setas, noces) e por outro, con améndoas. Por último, na vila hai gran cantidade de museos (Parque Etnográfico do Rio Arnoia, Museo do Arte Sacro, Museo Galego do Xoguete, Museo Iconográfico, Museo da Moda, Casa-Museo de Vicente Risco).